Os nosos servizos
ODONTOLOXÍA MÍNIMAMENTE INVASIVA
A odontoloxía minimamente invasiva enfócase en preservar ao máximo a estrutura dental natural, empregando técnicas avanzadas para tratar problemas dentais nas súas primeiras etapas. Isto inclúe a detección temperá de caries ou o uso de materiais adhesivos de alta calidade.
IMPLANTOLOXÍA
Os implantes son raíces artificiais, xeralmente de titanio, que se integran no óso maxilar para soportar próteses dentais como coroas, pontes ou dentaduras. Este tratamento é ideal para reemprazar dentes perdidos, ofrecendo unha solución duradeira e funcional que mellora tanto a estética como a capacidade masticatoria do paciente.
ORTODONCIA INVISIBLE
Técnica moderna que se utiliza para corrixir a posición dentaria empregando aliñadores transparentes e removibles en lugar dos tradicionais brackets metálicos. Estes aliñadores fabrícanse a medida para cada paciente, son cómodos e discretos, doados 2de quitar para comer e cepillarse. Opción ideal para quen procura unha solución estética e conveniente para mellorar o seu sorriso.
ENDODONCIA
Tamén coñecida como tratamento de condutos, é a especialidade dental que se enfoca en tratar o interior do dente. Este procedemento realízase cando a pulpa dental, que contén nervios e vasos sanguíneos, se inflama ou infecta debido a caries profundas, traumatismos ou outras causas. A endodoncia permite salvar dentes que doutro xeito terían que ser extraídos, aliviando a dor e restaurando a súa función normal.
PROSTODONCIA
Especialidade dental que se enfoca na restauración e reemprazo de dentes perdidos ou danados mediante o uso de próteses dentais. Estas próteses poden ser fixas, como coroas, pontes e carillas, ou removibles, como dentaduras completas ou parciais. O obxectivo da prostodoncia é mellorar a funcionalidade, estética e saúde oral do paciente, fornecendo solucións persoalizadas que permiten recuperar un sorriso natural e unha masticación eficiente.
PERIODONCIA
Especialidade que se ocupa do diagnóstico, tratamento e prevención das enfermidades que afectan aos tecidos que sosteñen os dentes, coñecidos como tecidos periodontais. Isto incluye as enxivas e o óso alveolar.
As enfermidades periodontais máis comúns son a xenxivite (inflamación das enxivas) e a periodontite (forma máis grave que pode levar á perda do óso e dos dentes soporte dental se non se trata de maneira axeitada).
O tratamento pode incluír dende limpezas profundas (raspado e alisado radicular) ata cirurxías periodontais. Ademais, a periodoncia xoga un papel crucial no ensino do paciente sobre a importancia dunha boa hixiene oral e a prevención de enfermidades periodontais para manter a saúde a longo prazo das enxivas e os dentes.
CIRURXÍA ORAL
Especialidade odontolóxica que inclúe extraccións dentais simples e complicadas, cirurxía de dentes impactados ou ¨moas do xuízo¨.
Estes procedementos están deseñados para mellorar a saúde bucal, restaurar a función e, nalgúns casos, mellorar a estética facial do paciente.
RADIOLOXÍA 3D
A radioloxía 3D o CBCT (Cone Beam Computed Tomography) é unha tecnoloxía avanzada utilizada en odontoloxía para obter imaxes tridimensionais detalladas da estrutura dental e maxilofacial. Esta técnica permite aos dentistas visualizar con precisión os dentes, mandíbula, ósos e tecidos circundantes dende diferentes ángulos, o que facilita un diagnóstico máis preciso e planificación de tratamentos como implantes dentais, endodoncias complexas, ortodoncia, e avaliación de lesións ou fracturas. É especialmente útil para procedimentos que requiren unha comprensión detallada da anatomía dental e maxilofacial do paciente.