Curiosidades
Fobia Dental!
A fobia dental, tamén coñecida como odontofobia, é un medo intenso e irracional cara os dentistas e os tratamentos dentais.
As persoas que sofren de fobia dental poden experimentar ansiedade extrema só ao pensar en visitar ao dentista, o que pode levar a evitar as visitas regulares ao dentista e, en consecuencia, a problemas de saúde bucal non tratados.
As causas da fobia dental poden variar e poden incluír experiencias traumáticas previas no consultorio dental, medo á perda de control durante o tratamento, medo á dor, ou mesmo o medo ás agullas ou aos sons e cheiros do consultorio dental.
É importante abordar a fobia dental con comprensión e apoio. Na nosa clínica utilizamos técnicas de manexo da ansiedade para poder tratar aos pacientes que sofren de fobia. A distracción durante o tratamento, permitindo que o paciente tome o control sobre o ritmo do tratamento, a terapia cognitivo-condutual e outras formas de terapia psicolóxica tamén poden ser efectivas para superar o medo dental a longo prazo.